PROBLEMAS EN ISQUIOS, XEMELGOS E SOLEO

A incidencia de problemas de inserción do soleo, xemelgos, isquiotibiales e moi grande entre os practicantes de padel. Velahí van algúns consellos para que todo quede en molestias, sen chegar a ter que parar por roturas de fibras que logo poden tornar recidivas: un bo plan de alongamentos, (http://www.victoryendurance.com/menu/rodrigo/10losestiramientos.html), a potenciación muscular anterior e posterior, equilibrada, unha dieta variada, rica en alimentos que conteñan vitaminas do grupo B, e, se hai sobre-peso ou problemas incipientes coa circulación de retorno, usar inescusablemente medias compresivas durante a práctica deportiva e de recuperación logo dela: MEDILAST SPORT e RECU SPORT. Eu merco as medias en Runner´s shop, na rúa que sobe desde a Torre Coruña ate a Avda. De Fisterra. Foron para min un descubrimento tan importante como o das Plantillas Tulip do Doctor Moeller.