SON DE OLEIROS

Unha páxina que vai dar conta a cotío de novas, inquedanzas e asuntos que impactan o consciente ou o subconsciente do imaxinario colectivo no lugar no que convivimos.
Son de Oleiros pretende dar unha visión do que acontece no plano local para, desde esa dimensión, ser tamén consciente do que ocorre en outras latitudes e que conforma a nosa conciencia de estar nun presente que muda con grande celeridade no aspecto material e con moitos matices no campo dos valores transversais que inflúen día tras día no noso campo de relacións e na toma de decisións: individuais, colectivas e da oligarquía política.